Tui abre o paso entre a praza da Estrela e o Paseo Fluvial

Estabilización e ancoraxe dos muros tras as recentes choivas

Tui | As escaleiras que comunican a praza da Estrela e o Paseo Fluvial poden ser xa empregadas de novo. A zona abriuse de novo ao paso peonil na tarde de onte.

O Concello de Tui viuse na obriga de pechar este paso por seguridade no mes de outubro tras as grandes gretas e o desprazamento do muro rexistrado debido as fortes choivas.

Tras a diagnose da situación os primeiros traballos consistiron na estabilización do muro e posteriormente a súa recolocación, empregando con ancoraxes metálicas roscados e aplicando unha presión puntual lenta para que volvese á situación inicial. Finalmente realizouse suxección destes ancoraxes mediante resinas. O mesmo procedemento coa colocación de sistemas de ancoraxes aplicouse ao resto de muros existentes en todas as escaleiras.

Previa a súa apertura no día de onte o técnico municipal e persoal da empresa contratada revisaron os traballos realizados.