Triple exposición sobre o Belén de Begonte en Lugo

Na Biblioteca provincial ata o 6 de xaneiro

Lugo | Na Biblioteca provincial de Lugo, e ata o próximo seis de xaneiro, está aberta unha triple exposición sobre o Belén de Begonte, con motivo do cincuentenario desta instalación cultural.

Ata agora, dúas destas mostras estiveron expostas na Sala da Deletación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo: 50 anos do Belén de Begonte e Imaxes e Palabras do Belén.

“50 Anos do Belén de Begonte”, recolle o nacemento e historia do Belén, a súa actividade cultural e a repercusión social en Begonte e a Terra Chá neste medio século de existencia. A segunda das mostras, Imaxes e Palabras do Belén, recollle unha selección de poemas que no decurso destes anos foron premiadas no Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, que o Centro cultural “José Domínguez Guizàn”, impulsor do Belén, ven convocando anualmente, cun amplo abano de fotografías obtidas por membros do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, que colabora na exposición.

Na Biblioteca tense incorporado unha terceira exposición – Mostra Bibliográfica de Medio Século do Belén de Begonte -, cos carteis, programas, folletos, calendarios, convocatorias e libros que se teñen publicado arredor do Belén, que por primeira vez se reúnen para mostrar en públicos anacos da historia do Belén e do Centro cultural que o impulsa.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.