Tren Turístico Aba Sacra por Amandi

Novo e con capacidade para 56 persoas.

Lugo | A empresa Restaurante aCantina de Doade-Amandi, ven de comprar un novo tren turístico con capacidade para 56 persoas. Logo de 13 anos co antiguo tren turístico decidiu comprar un novo para dar servizo a cada vez maior cantidade de clientes e tamén seguridade con un equipo totalmente novo necesario polas escarpadas ladeiras da ribeira de Amandi por donde circula.

Este tren, construído en Lérida pola empresa Ilertren caracterizase porque é tirado por un tractor convertido exteriormente en forma das máquinas de ferrocarril de vapor. Un tractor con 115 cv de potencia capaz de asceder e descender polas abas sin ningún tipo de problema.

Un tren adaptado as características técnicas máis avanzadas e con dous vagóns con 8 portas cada un coa finalidade de que os viaxeiros suban de forma independiente.

As viaxes regulares son as 11:30 e 16:30 todos os días de Semana Santa e verán; fora de ese tempo as viaxes son soio os xoves, venres, sábados e domingos. Tamén haberá viaxes combiandos con catamarán polo río Sil. A empresa xunto con Adega Cruceiro de Vilachá-Doade adquiriron accións na empresa “Catamarán Ribeira Sacra” pioneira en viaxes polo Canón do Sil baixo a denominación comercial Viaxes Pardo.

Estas viaxes en catamarán ofrecerán degustacións a bordo guiados por un dos mellores guías da Ribeira Sacra. A eficacia, a flexiblidade e atención personalizada da man deste empresa privada farán posible un dos viaxes polo Canón máis singular na zona.

Si quere pasar un día coñecendo a esencia da Ribeira Sacra, non o dubide: Tren Turístico, viaxe en catamarán, visita a adega e almorzo en un pack singular este ano.