
Tui | Un total de trece actividades conforman a programación do Setembro Xudeu que se vai desenvolver do 3 ao 27 de setembro baixo a organización do Concello de Tui. Baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui” desenvolveran visitas guiadas, visitas teatralizadas, exposicións, conferencias, música, proxección de películas para difundir o patrimonio xudeu que atesoura a cidade.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez, presentaron esta maña este amplo programa de actividades que coincide coa celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudia desde 1999, para destacar a importancia histórica do patrimonio xudeu coa firme intención de promover o diálogo, o recoñecemento e o intercambio a través de conferencias, concertos, actuacións, visitas guiadas e outras actividades que teñan lugar simultaneamente en todo o continente.
A concelleira Ana Núñez subliñou que este 2026, o fío condutor do día en toda Europa é o Amor — אהבה (Ahavá), que rende homenaxe a un sentimento que abrangue séculos de historia xudía en Europa. Un concepto diverso e profundo que se reflicte nas tradicións familiares, na paixón polo patrimonio e na capacidade de tender pontes con outras culturas. A través deste lema, a Red de Juderías celebra un amor que une persoas, xeracións e comunidades diversas arredor dunha mesa compartida, convidándonos a namorarnos da nosa historia compartida, das nosas raíces e do poder do diálogo.
Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, este programa reúne diversos eventos, itinerarios e propostas destinadas a poñer en valor a historia e o patrimonio de Tui ao longo dos séculos. O programa abrangue as seguintes actividades:
• Xoves 3
Exposición “Los sambenitos de la catedral de Tui: historia, memoria e infamia” Anexo Sala Municipal de Exposicións – Edificio “Francisco Sánchez”. Ata 30 de setembro.
• Sábado 5
Visita teatralizada polo patrimonio xudeu de Tui. Inicio Oficina de Turismo – 21.30 h.
• Luns 7
Conferencia: “Amores e tribulacións en tempos da Inquisición: disidencia e matrimonio na comunidade cristián nova na fronteira do Miño” por Suso Vila
Igrexa de san Domingos – 20.00 h.
• Xoves 10
Proxección do documental “Adio kerida” (2002) de Ruth Behar. Espazo sociocultural rúa Camilo José Cela – 20.00 h. En colaboración co Cine Club de Tui.
• Domingo 13
Visita guiada por Hugo Lage de Buguina Turismo. Inicio Oficina de Turismo – 11.30 h.
• Xoves 17
Proxección da película “Lacombe Lucien” (1974) de Louis Malle. Espazo sociocultural rúa Camilo José Cela – 20.00 h. En colaboración co Cine Club de Tui.
• Domingo 20
Visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui. Inicio Oficina de Turismo – 11.30 h.
• Xoves 24
Presentación da novela “Las llaves de Sefarad: el misterio de un legado” de Javier Bona. Espazo sociocultural rúa Camilo José Cela – 20.00 h.
• Sábado 26
Visita guiada por Sara Quintana de Vistas Guiadas Tui. Inicio na Oficina de Turismo – 11.30 h.
• Domingo 27
Concerto de música medieval e sefardí polo dúo “Luparias”. Igrexa de San Domingos – 20.00 h.
• Martes 29
Conferencia “Vida judía en Galicia: patrimonio y legado” por Wanda Teplesky. Igrexa de San Domingos – 20.00 h.
• Durante todo o mes
Photocall Xornada Europea da Cultura Xudía 2026 – Amor. Situado no exterior da Oficina de Turismo no Paseo da Corredoira. Exposición bibliográfica e audiovisual. Biblioteca de cinema “Daniel Domínguez” – Biblioteca Municipal.
Por outra parte a concelleira Ana Núñez lembra que o Concello de Tui posúe tamén unha oferta de visita turística autoguiada para que as persoas interesadas poidan acceder ao coñecemento do patrimonio xudeu da nosa cidade histórica accesible a través de rutajudia.turismotui.mobi/rjudia01, así coma a través dos mapas “O tesouro de Salomón” dispoñibles na web municipal (GAL / ES) e na Oficina de Turismo.




