Tramitada a licenza do novo hotel do Porriño

Sumará 135 prazas e ubicarase na Avda. Domingo Bueno

O Porriño | O Concello do Porriño tramita a licencia para a construción dun novo hotel na vila que se ubicará na céntrica Avda. Domingo Bueno.

Así o anunciou hoxe o alcalde, Alejandro Lorenzo, quen explicou que o proxecto de construción deste novo establecemento hoteleiro conta cun orzamento de 1.570.800,00 € e levarase a cabo nunha parcela de 733,13 metros cadrados con fachadas no número 1 da Avda. Domingo Bueno e na Rúa Antonio Palacios.

O edificio proxectado terá catro plantas unha delas acollerá a recepción, cafetería e sala multiusos, a segunda situará o segundo acceso ao hotel dende a rúa Antonio Palacios tamén con vestíbulo e sala de usos múltiples e habitacións , e unha terceira adicada integramente a habitacións. Ademais construirase tamén un sótano destinado a lavandería, vestiarios, cuartos técnicos e almacén xeral.

“Este novo establecemento con 65 habitacións e sumará 135 prazas á oferta hoteleira do Porriño”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Para unha vila co dinamismo e potencial industrial, cultural e deportivo do Porriño a construción dun novo hotel é unha gran nova, xa que na actualidade non temos capacidade para acoller ao volume de persoas que nos visitan por motivos de lecer, ocio ou incluso de traballo”.