‘Toponimízate’ chega a Carnota

Charla da Real Academia Galega este 5 de novembro
A charla estará a cargo do coordinador técnico de toponimia do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo.

A Coruña | O salón de plenos do Concello de Carnota (A Coruña) acollerá este venres, 5 de novembro, a partir das 19:00 horas, unha nova charla de Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, a campaña coa que a Real Academia Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, divulga o valor da toponimia tradicional e procura colaboradores na súa salvagarda.

O coordinador técnico de toponimia do Seminario de Onomástica da RAG, Vicente Feijoo, explicará ao público a orixe e o significado dunha escolma de nomes de lugares destes concello lugués e mais o funcionamento da aplicación colaborativa Galicia Nomeada.

Galicia Nomeada permite que os veciños e veciñas de cada localidade suban a esta plataforma os microtopónimos da súa zona, nomes de eiras, veigas, devesas ou fontes que constitúen un patrimonio inmaterial único que corre o risco de se perder e que cómpre salvagardar.

O percorrido pola orixe e o significado dos nomes de Carnota que exporá Vicente Feijoo conta coa colaboración do académico electo Universidade de Vigo Gonzalo Navaza, membro do Seminario de Onomástica da RAG.