Tomiño reactiva o Cineclube Poleiro en Goián

Entre o 3 e o 14 de decembro

 

Tomiño| Con BENZINHO, unha película brasileira, gran triunfadora no Cinema Brasil Grand Prize do 2019 e no certame de 2018 do Festival de Málaga, o Cineclub Poleiro retoma a súa actividade no auditorio de Goián, con medidas de seguridade, distancia, uso obrigatorio de máscara e aforo restrinxido do auditorio .

“As proxeccións adiántanse ás 20.30h polo toque de queda”

BENZINHO, unha película dirixida polo brasileño Gustavo Pizzi, conta a historia dunha ama de casa de Rio de Janeiro con catro fillos que acolle á súa irmán e ao seu sobriño.

O día 14 de xaneiro proxectaráse unha película colombiana baseada nunha historia real, que explica a orixe do narcotráfico en Colombia, PÁJAROS DE VERANO , dirixida por Ciro Guerra e Cristina Gallego .

Tamén se programará unha nova data do filme A ILLA DAS MENTIRAS de Paula Cons.

Sinopse: Madrugada do 2 de xaneiro de 1921. Naufraxio frente a illa de Sálvora do buque Santa Isabel con destino a Bos Aires. Tres mulleres bravas salvan a preto de 50 náufragos. Un xornalista arxentino investiga o suceso e descubre moitas incógnitas. Historia e ficción sobre as heroínas de Sálvora.

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, da Federación de Cineclubes.de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do marco do xacobeo 2021.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!