Tomiño en defensa da Sanidade Pública

Concentración realizada fronte ao Centro de Saúde

Tomiño | Este 14 de decembro a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño acompañada de moitas e moitos veciños , concentráronse diante do Centro de Saúde para reclamar a precariedade e o desmantelamento da Sanidade Pública e que este centro só teña a un médico para atender a 14.000 persoas.

Esta concrentación ven motivada pola terrible realidade que está a padecer a nosa Sanidade Pública e que onte mesmo coñecemos: Tan só un médico para todo Tomiño no día de hoxe.

Esta situación fae que estean bloqueadas as citas médicas para o que queda de decembro e tamén para xaneiro. Isto provoca que a atención sanitaria só se produce por Urxencias. Ante a falta de facultativos, xs pacientes optan por acudir as Urxencias do PAC de Tui ou o propio Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo .

A gran acollida pon de manifesto que a veciñanza vai moi farta e moi preocupada ante o desmantelamento do noso Centro de Saúde.

Gardouse un minuto de silencio ante o agotamento e agonío que está a sufrir a Sanidade Pública.

O mesmo tempo convocouse de novo para unha concentración masiva e reinvidicativa este domingo 17 as 11,30h. da mañá na praza do Seixo.