Tomiño colabora na investigación sobre a biopsia líquida

Galiza na vangarda da investigación oncolóxica

Tomiño | O grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela  (Oncomet) pedía en Tomiño a colaboración para a campaña de micromecenado coa que pretende involucrar a toda os galegos na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.

A través das mesas informativas situadas na Praza do Mercado do concello Oncomet daba a coñecer as vantaxes desta innovadora técnica non invasiva que logra extraer cunha simple análise de sangue a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real.

 

Os fondos que se consigan nesta campaña, que remata o vindeiro 11 de abril, permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.

Ata o dagora a campaña recadou un total de 420.364 euros e Oncomet aspira a chegar aos 500.000 euros nos 5 días que lle quedan de campaña.
Aínda se pode colaborar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736.

O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes adiantándonos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadíos máis trempranos, seleccionando así mellor os tratamentos.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación.

De conseguir o éxito agardado nos 5 días que quedan, a campaña contribuiría a colocar a Galicia nunha situación de liderazgo no marco da medicina oncolóxica de precisión.