
Ourense | A III “Carreira Solidaria da Garda Civil de Ourense, Pilar 2026” celebrouse na cidade das Burgos este domingo. A proba, de tres categorías diferentes, ten como obxectivo recadar fondos para ASPANAS, asociación de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Ourense. A celebración contou nesta edición coa árbitra Zulema González como madriña.
A Praza Maior de Ourense foi o punto de saída e de chegada das tres categorías da carreira solidaria. A proba absoluta saiua ás 11.00 horas e percorreu un trazado de 6.350 metros polas principais rúas de Ourense. Os corredores de entre 7 e 12 anos disputaron unha carreira de 1000 metros ás 12.30 horas. Houbo unha última competición en categoría “pitufos”, para participantes de 0 a 6 anos. A súa carreira foi ás 12.45 horas, nun percorrido de 100 metros. Na foto a carreira ao seu paso pola rúa Remedios.




