Suso Vaamonde na lembrança

Por: Pere-Albert Barrufet-Couñago

Hai que dicir que Suso no musicar e cantar aos poetas galegos vellos e novos, 87 din, sementou froitos sobranceiros de prestixio e popularidade, para a literatura dos trobadores, que até o momento nunca se acadaran. Pensemos por exemplo en Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luis Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Alvaro Cunqueiro, Dario Xohan Cabana, Manuel María, Uxío Novoneyra, Xosé Neira Vilas, etc. Suso como todo mortal, tamén tivo luces e sombras, como xustamente escribe Miguel Bóó, na sua biografia, e tamén inimigos, que eu penso mais que nada por envexa. Envexa que en boa parte lle mortificaron a breve existencia de artista e de persoa.

Para ir compretando tendes que saber que a vila miñota de Salvaterra de Miño – que eu gosto de visitar, sempre que podo -, adicoulle unha rúa, preto do rio Miño. A mais tendes ali preto e perto do campo e das viñas a Taberna O Noso Eido, que coñocemos ao traveso de Helena e Modesto de Beade do Ribeiro, onde no xantar se cadra unha boa gastronomia galega, podedes obsevar unha morea de fotos e cartaces penduradas de Suso, e da canción galega en xeral. Que me sorprendeu de seu.

Me decato que me estou reiterando demais no citar a Miguel Boó, pero compartillo con el, que unha boa cousa, unha boa idea, seria adicar-lle a Suso, nunha vindeira edición, o dia das “Letras Galegas”. Seria un acto de xustiza, de memoria e lembranza, por un home bo e xeneroso, que viviu e morreu por defender e espallar polo mundo adiante, os valores eternos e universais da Galiza, antergo e primeiro reino peninsular – hoxe novoenta comunidade, do autonómico “café para todos” – , ao traveso da música, do canto, do folclore, da coerencia, da amizade. Descansa en paz Suso, non te esquecemos.