SUMAR presenta as súas listas electorais para as autonómicas 2024

Nas catro provincias galegas con Marta Lois como candidata á Xunta de Galicia

Santiago de Compostela/SUMAR | O partido SUMAR presentou este 15 de xaneiro as súas respectivas listas de candidato/as nas catro provincias galegas para as eleccións autonómicas da Xunta de Galicia previstas para o vindeiro 18 de febreiro. As listas por provincia son:

Pontevedra:
1. Ramón Sarmiento Solla (Vigo). Traballador do sector naval. Ex Secretario Xeral de CCOO Galicia.

2. Raquel de Ana Rodríguez (Vigo). Especialista en estudos de xénero.

3. Rocío Núñez Rúas (Cangas). Educadora social. Vicepresidenta Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

4. Mabel Pérez Simal (Cerdedo). Funcionaria na Deputación de Pontevedra.

5. Anxo Manuel Fernández Saborido (Ponteareas). Mediador e xestor cultural. Secretario da Federación Galega de Montañismo e o Presidente da Asociación Cultural Seraogna.

A Coruña:
1. Marta Lois (Santiago). Portavoz de Sumar no Congreso dos Deputados. Profesora da USC.

2. Paulo Carlos López (Betanzos). Portavoz de Sumar Galicia. Profesor da USC.

3. Berta Vigil Ortega (A Coruña). Funcionaria do INE.

4. Juan Díaz Villoslada (A Coruña). Licenciado en Dereito. Funcionario do Concello da Coruña.

5. Ángel Cabo Benedetti (A Coruña). Docente.

Ourense:
1. Mercedes González Pazos (O Barco de Valdeorras). Graduada en Educación Social e Mestrado en intervención multidisciplinar en contextos educativos pola UVigo. Funcionaria da Consellería de Medio Rural e delegada sindical.

2. María Gago Delgado (Verín). Administrativa no sector privado. Activista contra abusos bancarios e contra a crise climática.

3. María do Pilar Barros Barco (O Carballiño). Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Ciencias Ambientais.

Lugo:
1. José Antonio Rodríguez Añón (Viveiro) Licenciado en Bioloxía pola USC e Doutor en Física e especialidade en ecoloxía. Profesor na universidade e investigador.

2. Diego López Dapena (Lugo). Profesor de FP no IES Sanxillao.

3. Maria Teresa Rodríguez Chao (Lugo). Funcionaria do Concello de Lugo.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.