SonRías Baixas activa venda de entradas para o seu festival 2022

A partir deste 29 de decembro

Bueu | O Festival SonRías Baixas activa esta mañá a venda de entradas para a súa nova edición, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de agosto de 2022 en Bueu. Kase.O Jazz Magnetism, Rayden, Arnau Griso, Balkan Paradise Orchestra, Buhos e García Mc & Nación Quilombo son as primeras confirmacións do cartel da cita, que este verán regresará á península do Morrazo no seu habitual formato de gran festival.

As entradas de SonRías Baixas 2022 estarán a disposición del público a partir das 12.00 horas de hoxe, mércores 29, a través da web oficial del festival, www.sonriasbaixas.info.

O público poderá adquirir o seu abono, válido para as tres xornadas de concertos, por 45 euros (máis gastos de xestión). Este será o prezo exclusivo dun número limitado de billetes que SonRías porá á venda co gallgo do lanzamento do cartel.

Todas as persoas que manteñen a súa entrada do SonRías Baixas 2020 para poder gozar desta edición poderán facelo: tal e como a organización comunicou desde o primeiro momento da suspensión da 18ª edición, os abonos son válidos para a seguinte edición do festival en grande formato, como é o caso da que se celebrará os próximos 4, 5 e 6 de agosto.

Para calquera dúbida que poida xurdir sobre as entradas, a organización dispón dun correo electrónico de contacto no que atende ditas consultas: festival@sonriasbaixas.info

SonRías Baixas 2022 
SonRías Baixas, organizado pola promotora local PlayPlan, é un dos grandes eventos de música ao vivo no verán en Galicia. Neste 2022 o festival presentará unha ampla, dinámica e potente programación que terá lugar a primeira fin de semana de agosto e da que xa se coñecen os primeiros nomes do seu line-up.

Entre eles destacan, como cabezas de cartel, o mítico cantante de hip hop Kase.O, que regresa a Bueu cun novo repertorio e acompañado da súa banda Jazz Magnetism -logo de esgotar as entradas para a súa actuación do ano pasado en só 48 horas-, o rapeiro Rayden, quen dará a coñecer o seu novo álbum, Homónimo, e o dúo Arnau Griso, que presentará o seu último disco Enric Blanch na que será a derradeira actuación do grupo en Galicia antes da súa disolución, no marco da súa Gira Despedida.

A estas confirmacións súmanse tamén outras dúas bandas catalás que, ademais de ter anunciada soamente esta data en Galicia para o verán, incidirán no carácter festivo do SonRías Baixas: a enérxica e rompedora Balkan Paradise Orchestra, coas súas once instrumentistas de vento metal e percusión dispostas a achegar as ganas de bailar da tradición balcánica; e a animada e irreverente Buhos, que presentará en Bueu os avances do seu novo disco, que se publicará o ano que vén.

Canda elas pecha este primeiro adianto do cartel o trepidante directo do galego García Mc quen, coa banda Nación Quilombo, encherá de ritmos do mundo a noite en Bueu e dará a coñecer o seu novo traballo discográfico, Arquipélago Quilombo, que se publicará nas plataformas dixitais este venres 31.

Nas vindeiras semanas a organización do SonRías Baixas 2022 anunciará novos nomes de artistas que participarán nesta edición, que pretende ser de novo unha grande festa da música en directo na península do Morrazo e un polo de atracción turística e de dinamización socioeconómica no territorio durante a súa celebración.