Sendeiristas visitarán Covelo para percorrer a Forca do Lobo

En colaboración coa Deputación de Pontevedra

O Covelo | Lourdes Enes, concelleira de Turismo do Concello de Covelo informa que este domingo día 30 de xaneiro está prevista a realización do roteiro Forca do Lobo.
A actividade enmárcase no programa “Roteiros e serradoiro dos Carranos” desenvolto en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que permite unha programación estable de rutas ao longo do ano.

Este roteiro de dificultade alta percorrerá 13 kms, cunha duración de arredor de cinco horas e un trazado circular. A actividade é de balde e precisa inscrición previa no número de teléfono 654.500.652. O número de prazas está limitado a 20 persoas que serán admitidas por orden de inscrición.

O guía recomenda levar calzado axeitado para o sendeirismo, crema solar , bebida, alimento reconstituínte, bastón de camiñar e desinfectante de mans. Ademais, lembra que é obrigatorio participar co material de prevención de risco de contaxio individual do COVID 19, como son as máscaras.

A concelleira de Turismo adianta que as actividades desenvoltas no marco do programa “Roteiros e serradoiro dos Carranos” está a resultar moi exitosa cubrindo sempre as prazas ofertadas e atraendo a persoas de toda Galicia que veñen gozar do día no noso concello.

Outros artigos