Salvaterra de Miño | A Xunta de Galicia comunicou ao Concello de Salvaterra a concesión dunha subvención de preto de 120.000€, dun proxecto de case 150.000€, co fin de mellorar o acceso ó Polígono Industrial Chan da Ponte.
Este polígono, inaugurado en 1999, conta cunha superficie de 275.000 m² e unha superficie neta industrial de 156.111 m², e cunha ocupación do 83% cun total de 40 empresas desenvolvendo a súa actividade. As obras buscarán solucionar o seu intenso tráfico así como o drenaxe de augas pluviais.