Santiago e outras sete cidades do Estado rexeitan o proxecto de lei estatal sobre pobreza enérxetica

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu en Barcelona a un encontro con outras cidades do Estado para reclamar un novo modelo para combater a pobreza enerxética.

7 cidades contra a pobreza enerxética

Santiago de Compostela | Concha Fernández estivo acompañada dos seus homólogos e homólogas de Madrid, Barcelona, Cádiz, Valencia, Zaragoza, A Coruña e Córdoba. As oito cidades presentaron as súas alegacións ao proxecto de lei estatal sobre a pobreza enerxética que, entre outras cuestións, regula o bono social e o concepto de consumidor vulnerable.

Entenden estes concellos que a actual regulación está máis centrada na protección das compañías eléctricas que na das familias máis vulnerables ou con maior risco de exclusión social e non evita os cortes de subministro eléctrico. Así, demandaron en Barcelona un cambio da regulación estatal e do modelo enerxético que coloque como protagonistas ás familias e as persoas.

Por este motivo, concelleiras e concelleiros de Barcelona, Madrid, Cádiz, Córdoba, Zaragoza, Valencia e Santiago presentaron conxuntamente un documento de alegacións en liña coas demandas realizadas por expertos, ONGs e colectivos sociais.

Segundo Concha Fernández, co proxecto do Goberno central “serán as grandes distribuidoras eléctricas as que determinarán a condición e grao de vulnerabilidade dos seus clientes para aplicar bonificacións mínimas.”

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!