Saneamento no camiño da Marquiña en Salvaterra

Por un importe de máis de 76.000€

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra, dentro do seu programa de mellora e ampliación do servizo de saneamento, ven de iniciar as obras para a implantación do saneamento no camiño da Manquiña e no lugar de a Vesada, na parroquia de Alxén por un importe de máis de 76.000€. Esta obra está financiada a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial.

Esta actuación ten como fin dotar de saneamento a  máis de 40 vivendas, a través de varios tramos de colector de  no lugar de A Vesada , incluíndo o colector por todo o camiño da Manquiña, coa canalización de tuberías de PVC, incluíndo todas as actuación complementarias como excavacións, pozos e reposicións.