Salvaterra remata as reformas na Praza de Abastos

Cun orzamento de 20.000€ para as obras nos baños

Salvaterra de Miño | A reforma integral dos baños do mercado forma parte das actuacións levadas a cabo como a humanización do entorno ou obras nas cámaras. O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras cunha inversión de máis de 20.000 euros para a reforma integral dos baños ademais da súa adaptación para minusválidos.

Con esta actuación búscase revitalizar a zona de mercado e súmase á liña de actuacións que se desenvolveron por parte do Concello de Salvaterra de Miño nesta zona.

No pasado 2023 remataban as obras da rúa Marqués de Viana, cun investimento de máis de 500.000 euros, para humanizar e remodelar a contorna da Praza de Abastos e así por en valor unha zona moi emblemática da vila e, por outra banda, fixéronse obras por un importe de 20.000 euros nas cámaras.

Estas obras súmanse a outras accións realizadas como a reforma da cuberta do mercado ou a modificación do reglamento sacando a subasta os postos do interior da praza. No presentea no 2024 sacaranse novos postos.