Salvaterra recibiu novo camión de lixo

A través do Plan Concellos 2021

Salvaterra de Miño | O Concello ven de recibir un novo camión de lixo , adquirido polo municipio por máis de 140.000€ e financiado a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial.

Trátase dun vehículo compactador de RSU de 11m3, ampliando a capacidade de recollida considerablemente e que conta con moitas melloras que facilitarán o traballo dos operarios, conseguindo así máis axilidade.

O incremento de poboación tanto no centro urbano como nas parroquias trae consigo tamén un incremento na xeración de residuos orgánicos.

Todo iso engadido á avanzada idade dun dos camións de lixo cos que conta o Concello, xa que debido a gran dispersión e cantidade de poboación é necesario que a diario se mobilicen os dous vehículos, facía necesario unha renovación co fin de mellorar o servicio ofrecido, de forma que se optimice da forma máis eficiente posible a recollida de residuos sólidos urbanos.