Salvaterra recibe á selección española, Campioa de Europa de fútbol sala

Nun partido amistoso ante Portugal

Salvaterra de Miño | A Selección Española Absoluta Feminina de fútbol sala volta a Galicia este mes de novembro. O combinado dirixido por Claudia Pons disputará dous partidos amigables en Verín e Salvaterra logo do acordo ao que a Real Federación Galega de Fútbol chegou cos dous concellos.

O Comité de designación de sedes de partidos da RFEF decidiu que as localidades galegas de Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra) acollerán os días 7 e 8 de novembro os dous encontros amigables entre España y Portugal. Un dobre compromiso entre as dúas grandes potencias do fútbol sala feminino europeo, que volverán a verse as caras logo de medirse por última vez na semifinal do Europeo en Debrecen (Hungría).

A celebración destes dous partidos será posible gracias á estreita colaboración entre a RFEF, a Real Federación Galega de Fútbol e os concellos das dúas localidades, que xa traballan en todo o necesario para esta gran cita do 40×20 de seleccións nacionais.

O primeiro dos partidos será o martes 7 de novembro ás 18:30 horas en Verín e o segundo será ao día seguinte en Salvaterra do Miño ás 19:00 horas. Os dous encontros poderán verse a través de Teledeporte e RTVE Play. A selección española volta a Galicia casi catro anos despois.

A última vez que xogou en Galicia fora en decembro de 2019, cando España xogara contra Xapón en Pontevedra e Burela, con vitorias por 8-0 e 4-2. Os dous partidos foron presentados esta mañá nos dous Concellos contando coa presenza da alcaldesa de Salvaterra e do alcalde de Verín, ademáis da seleccionadora nacional, Claudia Pons, do Páxina 2 de 2 presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, José Miguel Monje, e do presidente da Comité Galego de Fútbol Sala, Pablo Prieto

Catro galegas na convocatoria
A seleccionadora absoluta de fútbol sala, Clàudia Pons, fixo oficial a convocatoria para os encontros amigables fronte a Portugal que se disputarán os días 7 e 8 de novembro en Verín (Ourense) e Salvaterra de Miño (Pontevedra), respectivamente.

Serán os primeiros encontros do combinado nacional absoluto tras proclamarse campión de Europa o pasado mes de marzo. As xogadoras concentraranse o domingo 5 de novembro e realizarán tres sesións de adestramento en Verín antes dos encontros.

España xogará este dobre amigable en Galicia con catro xogadoras galegas na convocatoria: Silvia Aguete (MCD Torreblanca Melilla) Ale de Paz (Poio Pescamar) Luci Gómez (AE Les Corts UBAE) Vane Sotelo (Arriva AD Alcorcón)