Salvaterra realizará unha “transformación integral” da rúa Forca

A través do Programa Pon 2030 da Deputación de Pontevedra

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño solicitou no pasado ano a través do Programa Pon 2030 da Deputación Provincial unha subvención para unha obra de humanización na Rúa da Forca, unha rúa que se encontra no centro da Vila e que o Concello busca renovar cunha urbanización de espazos públicos que segue os parámetros Ágora, coa recuperación do espazo para o uso peonil da rúa.

A través desta actuación de máis de 500.000€ búscase darlle unha nova vida a unha rúa
que demandaba unha modificación urxente e que segue a liña de humanización
das rúas da vila. Unha vez aprobado o convenio avanzarase para que nos próximos meses
comence a obra