Salvaterra participa no proxecto EC4RURAL

Xunto con outros 21 Concellos para promover as comunidades enerxéticas

Salvaterra de Miño | O proxecto EC4RURAL é unha iniciativa de creación de comunidades enerxéticas na que participan 22 concellos da nosa comunidade autónoma e da que Salvaterra de Miño é parte.

Por iso pedimos a túa colaboración para coñecer o voso interese nestas iniciativas de autoconsumo colectivo de enerxía xerada a partir de fontes renovables participando nunha pequena enquisa que tan só leva dous minutos. Este é o enlace que tamén estará activo e visible dende a páxina web e redes sociais do Concello. https://www.fegamp.gal/content/proxecto-ec4rural-enquisa-sobre-comunidadesenerxeticas-locais-cidadania-institucions