Salvaterra no Camiño de Santiago

Rutas do Camiño Francés para Semana Santa

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño organiza para os seus veciños e veciñas, o Camiño de Santiago durante a Semana Santa deste ano.

A saída está prevista dende o día 13 de abril ata o 17, facendo o Camiño Francés que estará dividido en 5 etapas.
Etapa1: Sarria – Portomarín, 23km.
Etapa 2: Portomarín – Palas de Reis, 25km.
Etapa 3: Palas de Reis – Arzúa, 29km.
Etapa 4: Arzúa – O Pedrouzo, 20 km.
Etapa 5: O Pedrouzo – Santiago de Compostela, 20 km.

“Tendo en conta o tempo de Pandemia que impiden moitas das actividades as que este Concello nos tiña acostumados, é unha noticia que o Grupo de Goberno festexa moi ledos, xa que aínda que a COVID todavía non está totalmente eliminada, pouco a pouco se pode retomar unha vida normal e sabemos que a/os nosa/os habitantes precisan osixenarse tanto física como anímica e socialmente, polo que esta actividade cumpre perfectamente os requisitos desexados”, comenta a Alcaldesa Marta Valcárcel.

O propio Concello xestionou tamén as catro pernoctas precisas nos Concellos de Portomarín, Palas de Reis, Arzúa e O Pedrouzo, nos que os veciños e veciñas que o desexen atoparán máis información no teléfono 661 046 592 ou na dirección de correo electrónico deportes@concellodesalvaterra.org, para coñecer a modalidade de pago e o custe da actividade.

Ademáis, o Concello porá autocar para o traslado  a Sarria e vehículo de apoio para as mochilas.

NOTA PARA INTERESADa/oS: É IMPORTANTE INSCRIBIRSE DE XEITO RÁPIDO, XA QUE AS PRAZAS ESTÁN LIMITADAS POLAS OCUPACIÓN DOS ALBERGUES.