Salvaterra lanza a campaña de sensibilización “Xunt@s Somos Fortes”

Enmarcada no Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño repartiu entre os nenos e nenas que participan nos Campamentos de Verán e o alumnado do IES Salvaterra que se graduou o pasado 24 de xuño unha mochila e un pack anticovid, adecuado á situación actual, con mensaxes sensibilizadoras.

Cartel de promoción da campaña.

Unha iniciativa que se enmarca no Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través do Ministerio de Igualdade, a que debemos sumarnos todos e que ten como obxectivo previr e concienciar á poboación. Para iso repartiranse unha serie de material informativo, mochilas, mascarillas, xel…todo elo  co lema “XUNT@S SOMOS FORTES”.

Esta acción é unha continuación da liña de traballo que ven facendo este Concello a través doutras campañas, como pode ser o concurso de slogans contra a violencia de xénero.., campañas de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero e traballar pola igualdade.

Unha campaña accesible, visual … que ten como obxectivo que a mensaxe chegue ao maior número de persoas posible co fin de previr e concienciar para a súa erradicación. Todos e todas debemos ir da man nesta loita!!

Cremos que é necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta, un reto ao que debemos unirnos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outras a finalidade destas accións.