Salvaterra entrega os premios do concurso de slogans contra a violencia de xénero

Ao abeiro da subvención do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Salvaterra de Miño | Arredor de 100 alumna/os participaron no concurso que anualmente promove o Concello de Salvaterra de Miño xunto co IES, dentro do programa en aras da igualdade e na loita e prevención da violencia. Nesta XII edición, esta actividade tén sido enmarcada xunto coas accións desenvolvidas contra a violencia de xénero financiadas ao abeiro da subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

O concurso de slogans busca frases que traten de transmitir unha mensaxe e un posicionamento claro de repulsa hacia os malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese asimesmo reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.

O proxecto consiste en confeccionar uns marcadores de páxinas que se difundirán entre os máis novos contendo o lema ou slogan gañador do concurso, ademáis dalgúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir, en caso de coñecer ou ser vítima dunha situación de malos tratos.

A idea xurdiu e mantívose ao longo de todas estas edicións, sendo ésta a duodécima xa, porque enténdese que ademáis de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil, ten unha perdurabilidade no tempo mantendo a vixencia da mensaxe así coma dos recursos.

O concurso conta con 4 premios. Tres deles valorados en 50€ trocables por material educativo, informático, deportivo, roupa e/ou música e un primeiro premio, o slogan gañador, que ademáis de recibir un premio de 150 euros trocable igual que os anteriores, é o lema que se emprega na campaña de prevención e sensibilización para os marcapáxinas así como outro material promocional da vindeira edición …

O gañador tén sido este ano” Non discrimines e convive” de Brais Rey Fernández (1ºESO B) que, ademáis do premio estipulado, o seu slogan tén sido utilizado para a confección dos marcapáxinas sinalados.

Foron premiados asimesmo tres segundos slogans, “Nunha relación ninguén é máis que ninguén” de Roy Fernández Veiga (1° ESO C); “O futuro da violencia está nas nosas mans” de Brais Míguez Vaz (1°ESO C) e “Quen te quere, déixate libre” de Paula Rodríguez Castro (2°ESO D).

O Concello leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo de violencia a fin de que, dende idades tempranas, se establezan as bases para relacións sans e saudables. Eles son ¡o noso futuro! e continuaremos nesta loita mentras siga siendo necesario; ogallá… que por pouco tempo.