“Salvaterra é Arte” valoriza os espazos públicos a través da arte urbana

Un proxecto colaborativo do Concello co IES Salvaterra

Salvaterra do Miño | A finais do ano pasado a Alcaldesa de Salvaterra de Miño trasladáballe ao equipo directivo do IES Salvaterra unha proposta de traballo colaborativo que pretendía darlle cor aos espazos públicos da Vila e potenciar a súa vez a gran riqueza histórica e cultural do Concello.

Nesa reunión acordouse traballar  nun proxecto de acción a varios anos, co fin de por en valor varios espazos municipais, onde participa dun  xeito directo e activa o departamento de Arte do centro escolar.

O programa ten dous obxectivos fundamentais:  por unha banda, a colaboración e traballo directo cos Centros Educativos, e por outra, a implicación dos máis novos na valoración e recuperación dos entornos máis deteriorados da vila  a través de graffitis e pinturas, da que se encargarán os  alumnos e alumnas matriculados nestes intres en Debuxo Artístico.

“O programa ten dous obxectivos fundamentais:  por unha banda, a colaboración e traballo directo cos Centros Educativos, e por outra, a implicación dos máis novos na valoración e recuperación dos entornos máis deteriorados da vila  a través de graffitis e pinturas”

O primeiro proxecto presentado por parte do centro, e que empezará a materializarse en poucos días,  está enfocado ao muro da pista de skate (na zona deportiva do Parque Público A Canuda). Un mural de máis de 30m que terá como eixo vertebrador o Pai Miño e que incluirá elementos representativos das 17 parroquias do municipio, ademais de outras imaxes que nos caracterizan como pobo, como pode ser o viño, a Eurocidade, a lamprea…

A Alcadesa quere  agradecer ao profesor de debuxo artístico o gran traballo feito, así como aos alumnos e alumnas que participaron no deseño do proxecto e que se encargarán de levalo a cabo, porque realmente plasma dun xeito moi orixinal o pasado e o presente do noso municipio.