Salvaterra do Miño aproba a solicitude de Albo SL para instalarse no PLISAN

Consolidará 200 postos de traballo

Salvaterra do Miño | A través dun pleno da corporación municipal, o Concello de Salvaterra do Miño aprobou a solicitude realizada pola empresa Hijos de Carlos Albo SL para recibir a bonificación fiscal do ICIO que lle permita instalar a súa nova empresa no PLISAN.

A decisión ven determinada pola incipiente fuga de empresas cara Portugal e a necesidade de crear postos de traballo na comarca, aproveitando igualmente a riqueza territorial establecida en torno á PLISAN. Por tanto, a instalación de Albo permitirá a consolidación de 200 postos de traballo, mais da metade para emprego feminino, así como a creación doutros 22 novos postos de traballo.

En 2018, o Concello de Salvaterra xa levara a pleno a adhesión ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para fomentar a implantación de empresas en Galicia, mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business
Galicia”, así como a modificación das ordenanzas fiscais do IBI, IAE e ICIO.

Publicado o 29 Out 2020 en Economía, Portada, Salvaterra de Miño.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!