
Salvaterra de Miño | O programa do Concello “Vive o Nadal en Salvaterra” recibe unha subvención de 1.715,18€ dentro das subvención dirixidas aos concellos para as actividades de dinamización da lingua galega que otorga a Deputación de Pontevedra, contando cunha aportación municipal de 571,72€ As actuacións propostas están enfocadas a poboación infatil, a mocidade, familias e poboación extranxeira co fin de promover e fomentar o uso da lingua galega entre a sociedade, a través de actividades de dinamización e de carácter cultural.
Dentro deste plan de dinamización a Concellería de Cultura do Concello de Salvaterra de Miño leva a cabo, concretamente durante a época do Nadal, unha programación especial que se inclúe dentro do programa “Vive o Nadal en Salvaterra”.
Neste momento é onde se encadran aquelas actividades dirixidas ó público infantil que teñen gran expectación e interese entre o público de tódalas idades, sendo o marco máis idóneo e receptivo para este tipo de actividades. Esta programación súmase a outras iniciativas que se realizan durante o resto do ano como o Verán Cultural, as actividades dinamizadoras a través da Biblioteca Municipal e outras actividades puntuais durante o resto do ano.
A través do teatro, a música, a lectura e as artes escénicas achégase a cultura e lingua galega a toda a sociedade para promover e fomentar o uso do idioma. As actividades cun compoñente lúdico como contar contos, cantar cancións, crear rimas ou poesías teñen un valor excepcional para promover o uso do idioma entre a poboación do municipio que a pesares de enfocarse na poboación infantil ten un radio de acción máis amplo, xa que a estas actividades veñen acompañados de pais, nais, avós, avoas; un público adulto que participa nas mesmas. As actuacións propostas para este ano serán a dun contacontos “Antón e o Apalpador” e a obra de teatro “A miña tataravoa Maruxa”.
Cultura no rural
O Concello de Salvaterra dará comezo o venres 11 de setembro á programación cultural “Sensibilizar para Protexer. A cultura no rural”, unha iniciativa desenvolvida xunto ao Concello de Salceda de Caselas e a través do Plan Corresponsables, que levará diferentes propostas culturais a distintos espazos e parroquias do municipio entre os meses de setembro e novembro.
A primeira actividade do programa será o espectáculo “5.0”, unha proposta de circo aéreo con danza para todos os públicos, que terá lugar o 11 de setembro ás 20.30 horas na Praza do Concello de Salvaterra de Miño. “5.0” combina movemento, danza e técnicas de circo aéreo nunha proposta visual pensada para o desfrute de públicos diversos.
Con este espectáculo, o Concello quere dar o primeiro paso dunha programación que aposta por achegar a cultura á veciñanza e por facer dos espazos públicos e das casas culturais lugares de encontro e participación. A programación continuará durante os meses de setembro, outubro e novembro con diferentes espectáculos dirixidos especialmente ao público infantil e familiar, entre os que se inclúen «Elas» e «Costureiriña Bonita», que chegarán ás casas culturais de Fiolledo, Meder, Cabreira, Alxén, Vilacoba, Lira, Oleiros e Porto.




