Salvaterra destaca nos Campionatos galegos de Bádminton

Nas categorías Sub 19, Sub 17, Sub 15 e Sub 11

Salvaterra de Miño | Unha vez maís o Bádminton salvaterrense é noticia. Xa sexa pola exitosa carreira de Lucía ou, coma neste caso, os rapaces e rapazas que veñen do Campionato Galego das distintas modalidades e categorías.

Adrián Rodríguez, Carlos Segovia, Aitana Pino, Xulia Otero, Iker Otero, Xoel Álvarez, Iago Álvarez, Carlota Balboa, Inés Lemos, Eva Lemos e Pablo Fernández, acadaron moi bos resultados no pasado Campionato Galego, comezando a situarse na élite no bádminton nacional.

Na categoría sub 19 na modalidade de DM, Adrián Rodríguez acadou un bronce xunto ao seu compañeiro Xoel Rodríguez (este último e outro participante co mesmo nome que o salvaterrense). O mesmo Adrián Rodríguez foi quen de conseguir o ouro en IM sub 17 repetindo 1º posto no DM tamén xunto a Xoel.

Carlos Segovia acadou o bronce no DX sub 17 xunto a Marta Álvarez. Na categoría sub 15, en IM Carlos saliu subcampión, resultando vencedor en DX xunto a Marta. Aitana Pino pola súa parte, chegou á medalla de bronce en DF sub 17 xunto a Lina Alves. Xulia Otero segue crecendo a pasos axigantados neste deporte, acadando o subcampionato.

IF sub 15 e o bronce na modalidade de DF xunto a Maia Freire. Iker Otero, irmán de Xulia ven de acadar un 2º posto en DM sub 17. Os irmáns Iago e Xoel Álvarez veñen de situarse no 3º caixón do podio no DM sub 15 sendo Xoel, na categoría sub 11 o auténtico protagonista, vencendo o IM e o DM xunto a Álvaro Gómez e o DX xunto a Inés Lemos. Carlota Balboa tamén chegou a medalla de bronce no DF sub 15 coa súa compañeira Elena Fontenla.

As irmás Eva e Inés Lemos tamén foron o centro de todas as miradas do IF sub 11 conseguindo ous dos caixóns máis altos do podio, sendo Inés a gañadora, repetindo xuntas ouro no DF da mesma categoría. Ademáis, no DX Inés resultou gañadora xunto a Xoel mentres que Eva acadaba un moi meritorio 3º posto.

Tamén resultou exitoso Pablo Fernández, quen, ademáis de conseguir un bronce en DM sub 11 xunto a Álvaro Yáñez, repetía posición no DX da mesma categoría. Sen dúbida un gran resultado tendo en conta que este neno todavía é sub 9. Polo tanto, estamos falando dun éxito rotundo da/os nosa/os promesas do bádminton, quenes sitúan a Salvaterra na élite nacional dun deporte que cada vez cobra máis relevancia. A toda/os ela/es, parabéns e folgos para seguir aprendendo e medrando no mundo do bádminton, empapándose dos valores propios e saudables do deporte e que desfruten da viaxe que lles queda por diante.

Apertura da piscina municipal
Un ano máis chega o verán e con el o calor, e o Concello de Salvaterra de Miño prepárase para recibilo coa apertura da súa piscina municipal, que estará aberta dende este 15 de xuño ata o próximo 15 de setembro.