Salvaterra de Miño e a CHMS asinan convenio para o saneamento do río Caselas

Beneficiará ás parroquias de Arantei e Porto

Salvaterra de Miño | José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño, rubricaron o Protocolo de colaboración a través do que se adquire o compromiso para o financiamento e execución do “Proxecto de conexión do saneamento de varias parroquias de Salvaterra de Miño ao colector-interceptor xeneral do río Caselas”.

As parroquias de Arantei e Porto, no municipio de Salvaterra de Miño, carecen dunha rede municipal de saneamento de augas residuais, xerándose verteduras incontroladas á rede fluvial da zona, de pequena entidade pero que constitúen unha fonte de contaminación do medio natural.

Para solucionalo exponse distintas actuacións que consistirían na execución dunha rede de colectores para as tres parroquias así como as infraestruturas de bombeo e regulación que puidesen ser necesarias.

As obras previstas mellorarían o servizo a unha poboación duns 600 habitantes equivalentes.