Salvaterra convida ao senderismo polo Parque Nacional Peneda&Gerês

O vindeiro 23 de outubro, organizado polo Concello e Club de Montaña Airiños

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra en colaboración co Club de Montaña Airiños, convida a toda a veciñanza de forma gratuíta a gozar dun novo roteiro de sendeirismo pola natureza. Nesta ocasión farémolo ao  veciño Portugal e no único, pero marabilloso Parque Nacional deste país, “O parque Nacional dá Peneda-Gêres”.

Comezaremos o roteiro no punto do Valle do Río Vez á altura dá Ponte Medieval de Vilela. Desde alí, co río como protagonista e seguindo a senda e pasarelas do Vez, gozaremos dun festín acuático de sons, augas cristalinas pola proximidade do nacemento do río no Valle Glaciar do Vez, vexetación, pontes e vellas construcións fluviais.

Ao mediodía e unha vez finalizada a andaina na Vila Medieval de Arcos de Valdevez, faremos o xantar libremente, no que cada persoa será a responsable de levar a súa propia comida e bebida.

Despois do xantar dispoñeremos de tempo para visitar o centro histórico da Vila ata ás cinco da tarde, hora para coller o noso autocar de regreso a casa; un regreso que terá unha pequena parada obrigada polo seu interese para visitar o centro histórico/medieval da aldea de Sistelo. Esta aldea resultou gañadora no ano 2017 como unha das 7 marabillas de Portugal na categoría de Aldeas rurais e co distintivo de Bandeira Amarela.

O horario para a saída desta actividade de sendeirismo será ás 9 da mañá do domingo 23 de outubro, na praza do Concello de Salvaterra, onde nos recollerá o autocar. A hora de chegada a Salvaterra no regreso será aproximadamente sobre as 19:00 da tarde. Aínda que é un roteiro de 9 kmtros cualificada como moderada/fácil, é recomendable que as persoas que desexen participar se atopen nun bo estado físico de saúde que lles permita facer a actividade.

A Organización e os responsables do Club de Montaña Airiños por motivos alleos, poden en calquera momento modificar ou anular o evento. Teléfono de inscricións: 622 88 71 74.

Presentación de “Maxi, a esencia de vivir”
O próximo SÁBADO 8 DE OUTUBRO  terá lugar ás 20:00 horas na CASA DE CULTURA do Concello de Salvaterra de Miño, o  documental “MAXI, A ESENCIA DE VIVIR” . Esta visualización está feita pola Asociación DisCamino cun excelente guión e unha brillante dirección a cargo de Víctor Bello.

Maxi, A Esencia de Vivir é o documental que pretende ser un medio de comunicación entre a comunidade de parálise cerebral e o resto da sociedade, sendo Maxi un buque insignia para todas estas persoas que loitan a diario por integrarse e superarse. É unha forma de poñerse na pel destas persoas e experimentar seus logros, a súas dificultades, os seus soños… E tamén é un modo de achegarnos á realidade dunha sociedade que non está aínda preparada para a integración destas persoas, que ten que reeducarse ante a parálise cerebral e debe coñecer mellor o problema e implicarse nel o máximo posible.

Por todo iso, queremos convidarvos a que veñadas con entrada libre ata esgotar aforo, xa que nos permite ver a realidade dende outra perspectiva, moi necesaria para a práctica da empatía que tanta falta nos fai na sociedade actual.

Ficha Técnica:
GUIÓN & DIRECCIÓN: Victor Bello
REALIZACIÓN & EDICIÓN: Manuel Díaz Risco.
CÁMARAS: Juan Manuel Pichel & Maxi Contenti & Alberto Bello & Manuel Díaz Risco
DIRECCIÓN MUSICAL: Germán Duarte & Manuel Díaz Risco
PRODUCCIÓN EXECUTIVA: Victor Bello VOZ EN OFF: Maximiliano Masip & Suso Cobián.