
Salvaterra de Miño | O Concello, a FEMP e a Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño-Condado-Louriña iniciaron este 27 de xullo no cemiterio de Chan de Ponte os labores de exhumación dunha segunda foxa común na que se busca localizar os restos de Bernardo Bernárdez Martínez (Ponteareas) e Deflín Rey Sánchez (As Neves), executados tralo golpe de Estado de 1936.

A intervención está sendo executada pola empresa Breogán Arqueoloxía dentro do proxecto de Recuperación da Memoria Democrática contando co financiamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) a través do VI Plan de Recuperación da Memoria Democrática 2025-2026.




