
Salceda de Caselas | O Pleno do Concello de Salceda aprobou por unanimidade o expediente de contratación das obras de urbanización do PERI A Gándara, cun orzamento de 1.040.228,00€.
O proxecto, redactado polos enxeñeiros Francisco Javier Rivas Barros e Ignacio Teijeiro Calvo, vai supoñer na práctica a posta en servizo de mais de 7.000 m2 de solo residencial, facilitando deste xeito a construción de vivenda nova, ademais da área de 1.060 m2 para vivenda protexida cedida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Tamén está prevista a posta en marcha efectiva de 2.738 m2 de chan para equipamentos como centro de día, un pavillón ou un novo auditorio. Tamén se crea deste xeito o acceso a dúas amplas zonas verdes con un total de 5.662 m2.




