Roteiro polo sendeiro do Val do Louro en Covelo

Este 9 de abril cun percorrido de 12 km aproximadamente

O Covelo | O Concello de Covelo a través da concellería de Turismo convida á cidadanía a participar no roteiro que percorrerá o sendeiro Val do Louro. Será este sábado día 9 e partirá ás nove da mañá dende o cruce de Cernadela (Covelo) na estrada PO-255 km 35.

Totalmente de balde, cun máximo de vinte participantes e ata esgotar prazas, o roteiro terá un trazado circular dunha duración de cinco horas para 12 km aproximadamente.

Trátase dun roteiro parcialmente iluminado nun tramo de 1 km para visitar o muiño do Val do Louro. As persoas interesadas deben inscribirse no número de teléfono 654 500 652.

Organizados polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos) para o ano 2022, os roteiro e as visitas guiadas ao serradoiro dos Carranos enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural que tamén ofrece as rutas do Museo Pazo da Cruz e as de observación das estrelas da man da Asociación Galega de Astronomía.

Imaxe propiedade de: GaliciaMáxica.