Ribeira Sacra en Fitur

ribeira sacra
Luís Fernández Guitián na presentación da Ribeira Sacra.

Lugo | Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober (Lugo) e presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra presentou na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid, esta organización intermunicipal de Lugo e Ourense.

A presentación versou sobre actuacións enmarcadas nos convenios asinados coa Axencia Turismo de Galicia en 2017. Unha presentación animada, que resumiu o ano 2017 e que se creou expresamente para esta ocasión, foi o apoio audiovisual das explicacións dadas polo presidente do Consorcio. As montaxes de pantalla orixinais e moi dinámicas adoitan ser o punto forte e distintivo de Ribeira Sacra fronte a outras persentacións das que teñen lugar no salón de actos.

Nava Castro, directora de Turismo da Xunta, loubou a labor do Consorcio e refírese a Ribeira Sacra como destino exemplar de traballo conxunto. Anunciou que será destino prioritario, máis se cabe, nas políticas turísticas da Xunta de Galicia 2018-2020.