Reunión organizativa do deporte mosense

As distintas asociacións deportivas reuníronse para coñecer a súa nova concelleira Feli Rodríguez

Mos | Esta tarde celebrouse no Multiusos das Pozas unha reunión organizativa na que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, e representantes da maioría dos clubes deportivos mosenses entre os que se atopan os tres de patinaxe, Escolas de Patinaxe de Mos, Xiramos e Rosaleira; o Club Natación Mos e varios clubes de fútbol sala, balonmano, baloncesto, etc.

Sobre a mesma, a edil mosense de Deportes, Feli Rodríguez, declarou que “reunímonos en pleno verán cos clubes deportivos que adestran nos pavillóns municipais para coordinar o funcionamento e distribución de horarios de uso dos mesmos de cara ao comezo da vindeira tempada deportiva, para continuar a prestar o mellor servizo aos deportistas mosenses”.

O Concello de Mos conta con cinco pavillóns municipais: Óscar Pereiro –dotado tamén de Piscina Municipal-, Soledad Castro, Patricia Martíñez, Sanguiñeda e Atín; nos que ademais de impartirse cursos e clases organizadas pola administración local, adestran e empregan para celebrar os seus torneos e actividades numerosos clubes deportivos. De ahí a importancia e a necesidade de reunións organizativas como a que se realizou esta tarde no Multiusos e que ademáis serviu como presentación oficial da nova concelleora da área de Deportes, Feli Rodríguez.

Os clubes deportivos mosenses congregan a un total duns 1.000 deportistas repartidos entre os 3 clubes de patinaxe, o Club de Tiro con Arco Archers Team, o Club de Natación Mos (Infantil e Master), os clubes de fútbol Alerta Sanguiñeda, UD Mos e Louro Tameiga; o Club Tenis de Mesa Mos e o Club Xadrez Mos.

As de partinaxe son unhas das escolas deportivas con máis integrantes do Concello de Mos. En total sobre uns 160 nenos/as e mozos/as practican este deporte formando parte dun dos tres clubes mosenses: Escolas de Patinaxe de Mos (que conta cuns 100 patinadores/as), Club Rosaleira (que conta con sobre 30 patinadores/as) e Xiramos (que conta con outros 30 integrantes).

Todos estes xoves patinadores realizan os seus adestramentos no Pavillón Óscar Pereiro e no Pavillón Soledad Castro.

O Óscar Pereiro, o máis concorrido
Tan só pola pista do Pavillón Óscar Pereiro (sen contar o ximnasio nin a piscina) pasan 1.500 persoas á semana, sendo a máis concorrida das instalacións deportivas municipais. Trátanse de usuarios pertencentes aos clubes de patinaxe municipais, nenos/as das Escolas Deportivas de Baloncesto (actividade extraescolar), adultos e cativos que practican o fútbol sala, maiores participantes na actividade de ximnasia de mantemento do programa municipal ‘Exercítate’, mozos do IES de Mos que acuden a realizar algunhas das súas horas lectivas de clases de Educación Física, etc.

A rexedora local, Nidia Arévalo, destacou esta tarde a implicación do Concello de Mos como promotor da práctica deportiva. “O deporte non só fomenta os hábitos de vida saúdables, senón tamén principios educacionais tales coma o traballo en equipo, o esforzo, o afán de superación, a competitividade sá e o compañeirismo entre rivais; valores tan necesarios e importantes na sociedade actual”, dixo Arévalo.

“Coas axudas municipais de apoio ao deporte local perseguimos o obxectivo de continuar a promover a actividade de clubes deportivos, tan importante para o enriquecemento da localidade”, explicou a rexedora local.

A edil de Deportes, Feli Rodríguez, insistiu no apoio do Concello de Mos ó deporte base, “alicerce da actividade deportiva na localidade mosense e futuro da mesma”. “Se temos un deporte base forte, activo e de calidade, o futuro deportivo de Mos será prometedor”, declarou Rodríguez.

En Mos proliferan, practícanse e hai campións e campioas dos deportes máis diversos, desde o chamado deporte rei ata os máis exóticos como a capoeira. Mos conta con campións das disciplinas deportivas máis variadas.

Hai deportistas e clubes das disciplinas máis variadas e variopintas. “Mos é terra de Deporte con maiúscula. De deportistas de primeiro nivel”, aseguran a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez. “Temos en Mos desde campións provinciais ata autonómicos, de España, de Europa e incluso do Mundo”, insiste Arévalo, rexedora local.

Por iso queda claro que Mos atópase moi ben situado no mapa deportivo, destacando no fútbol, co UD Mos Feminino en Primeira Nacional, ou con Rubén Blanco e Brais Méndez. E en disciplinas tan variopintas e variadas como a Capoeira e outras disciplinas de artes marciais (Taekwondo) e deportes de contacto (Boxeo, Kick Boxing e Full Contact)… O Tiro con Arco. A Hípica. O Xadrez. O Ciclismo. A Natación. O Atletismo. O Alpinismo. O Tenis de Mesa. A Patinaxe. Deportes de Motor e Náuticos, O Baile, O Balonmán, O Deporte Adaptado, …

Ademais en Mos hai campións de todas as idades, desde a categoría biberón do Club Louro Tameiga e Unión Deportiva Mos, ata a gran Celia Iglesias, nadadora do Club Natación Mos con máis de 90 anos.

Campións auténticos referentes a nivel mundial, e con pavillóns deportivos municipais mosenses bautizados co seu nome. Como son os 3 grandísimos e inigualables: Óscar Pereiro. Patricia Martínez. E Soledad Castro.

Grandes mulleres deportistas que triunfan en disciplinas nas que habitualmente destacan os homes: Susana Alonso Carballo: bicicleta de montaña. E Verónica Romero: alpinismo, expedicións polares e atletismo de alto rendemento competindo contra homes.