Residencias Paraíso, un programa pioneiro en Artistea

Estará na residencia artística de Ponteareas ata o 20 de agosto

Ponteareas | O colectivo Disiden.Cia iniciou ata o 20 de agosto en Artistea a súa andaina na décima edición das Residencias Paraíso, un programa pioneiro anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas promovido polo Colectivo RPM en colaboración coa Xunta a través de AGADIC.

Esta é a sétima destas residencias artísticas de 2026 en Ponteareas, focalizada en torno á proposta do tándem artístico navarro-galego formado por Martina Los Arcos e Marcia Vázquez, que ten por título “Botar de menos o futuro”. A implicación do Concello como entidade cofinanciadora permitirá achegar recursos técnicos e económicos para desenvolver esta investigación escénica.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.