Remata o obradoiro de memoria para maiores en Salvaterra

Impartiuse na Biblioteca Municipal dende setembro de 2022

Salvaterra de Miño | Este 26 de xuño púxose  fin o obradoiro de memoria que deu comezo nos mes de setembro e que se impartiu tódolos martes na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño.

O obradoiro asistiron un total de 26 persoas que durante estes meses realizaron diversas actividades cognitivas co fin de mellorar a memoria e concentración. Os usuarios amosáronse moi contentos co desenvolvemento da actividade e o transcurso do obradoiro e transmitiron a Alcaldesa Marta Valcárcel e a concelleira Lorena Soto o seu desexo de continuar neste tipo de actividades.