Reanúdanse as feiras e mercados en Ponteareas

A partires do sábado 20 de febreiro

Ponteareas | O Concello informa que se reanuda a totalidade da actividade das feiras e mercados no Concello de Ponteareas a partires deste sábado día 20 de febreiro. A situación sanitara do Concello mellorou nas últimas semanas e o nivel de contaxios situouse nun nivel equivalente ao de comezos de decembro cando as feiras e mercados tamén se reanudaron tralo parón do mes de novembro.

O Concello solicita novamente a colaboración tanto da cidadanía en xeral como dos e das ambulantes no cumprimento de todas as esixencias sanitarias pois é necesario continuar mellorando a situación epidemiolóxica da localidade.