Realidade virtual para a formación forestal en Ponteareas

Co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal e da UVigo

Ponteareas | O alumnado do obradoiro de Conservación Forestal que se está a celebrar no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas iniciouse no manexo dunha procesadora e dun autocargador grazas ao simulador de realidade virtual cedido estes días pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) a través da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

Este simulador, cedido dende o pasado 15 de xuño ata este luns 27, recrea tanto nunha pantalla como nuns lentes de realidade virtual o funcionamento dunha procesadora John Deere.

Outros artigos