Reaccións do PP e EU-SON O Porriño ante a dimisión de Eva García de la Torre

Declaracións de Alejandro Lorenzo (PP) e Patricia Sío (EU-SON O Porriño)
A dimisión de Eva García de la Torre como alcaldesa do Porriño provocou reaccións tanto no PP como en EU-SON O Porriño.

O Porriño | Trala dimisión de Eva García de la Torre como alcaldesa do Porriño, Foro A Peneira-Novas do Eixo Atlántico contactou vía telefónica con Alejandro Lorenzo, voceiro do Partido Popular, que con 8 actas é oprincipal partido político da oposición na Corporación Municipal do Porriño; e Patricia Sío, voceira municipal da agrupación EU-SON O Porriño, que forma parte do goberno municipal e principal impulsora da moción de censura, para coñecer as súas impresións.

Alejandro Lorenzo | PP de O Porriño


Cal é a súa reacción ante a dimisión de Eva García de la Torre?
Debo dicir que nós actuamos con responsabilidade á hora d e tentar reverter a crítica situación do Concello do Porriño, cun goberno inestable no que a alcaldesa non contaba cos apoios suficientes. Por tanto, había que reverter esta situación e por iso fixemos a proposta da moción de censura”.

Eva García de la Torre non renuncia a súa acta e propón como sucesora a Teresa Moure. Qué opina desta posición?
Queda clara a continuidade deste goberno municipal, tomando en conta que os problemas máis graves son en materia económica. Nestes últimos seis anos, Teresa Moure foi a concelleira de Economía, así que iso o din todo

Patricia Sío | EU-SON O Porriño

Cal é a súa reacción ante a dimisión de Eva García de la Torre?
Nós valoramos positivamente esta dimisión, lamentamos que chegue tan tarde, un ano despois, e desexámoslle o mellor a Eva García de la Torre. Temos agora que traballar porque levamos moito tempo de desidia na Corporación Municipal, en particular á hora de impulsar proxectos necesarios para O Porriño. Poñémonos a disposición do PSdeG/PSOE para reunirnos e mirar o tema da investidura.

Eva García de la Torre non renuncia a súa acta e propón como sucesora a Teresa Moure. Qué opina desta posición?
Sobre a posible designación de Teresa Moure, é unha proposta persoal dela (Eva García de la Torre). Ábrese agora un ciclo novo no Porriño no que nós enfatizamos en que primeiro están os contidos e logo as persoas. Está aínda por determinar quen ocupará a alcaldía, primeiro ten que haber unha investidura, non debe darse nada por sentado.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.