“Rap con Rosalía” no Porriño

Para conmemorar o Día de Rosalía nos centros educativos

O Porriño | O Concello do Porriño súmase á celebración do Día de Rosalía, 24 de febreiro, co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega no seu 182º aniversario.

A Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX) xunto coa Concellería de Cultura do Porriño coordinaron unha acción divulgativa nos centros de educación secundaria para que se escoite a poesía de Rosalía transformada en rap.

“RAP CON ROSALÍA” é o nome do proxecto desenvolvido nos centros de ensino secundario do Concello do Porriño durante os días 22 e 23 febreiro en horario lectivo e nas que participaron as mozas/os de 1º e 2º da ESO

Ofrecéronse catro obradoiros formativos de Rap en galego, de 90 minutos por sesión, nos que se traballaron diferentes recursos didácticos para aprender a escribir e interpretar rimas en galego e con temáticas de interese para a mocidade combinadas con diferentes textos e poesías de Rosalía de Castro, adaptándoos a ritmos de 4×4 para poder “rapealos” colectivamente sobre unha base musical urbana.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!