Radio feita por adolescentes para loitar contra o machismo, os abusos medioambientais e o discurso do odio

No marco do proxecto "Activistas polo mundo queremos"

Santiago de Compostela | Nas vindeiras semanas as catro provincias galegas encheranse de radio feita por adolescentes para mudar unha realidade que non lles gusta. Dende O Barco de Valdeorras a Cambre, de Pastoriza a Redondela, pasando por Caldas de Reis e Monforte, case cincocentos mozos e mozas que participan este ano no proxecto de educación en valores “Activistas polo mundo queremos” realizarán programas de radio dende os seus institutos para combater o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.

En obradoiros anteriores o alumnado aprendeu o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo.   Agora os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e   gravarán os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social.

O IES Lauro Olmo, de O Barco de Valdeorras será o primeiro centro que gravará os seus programas o próximo luns 21 de febreiro. O mércores 23 será a quenda do IES Fonmiñá da Pastoriza (Lugo) e pechará esta primeira semana o Ies Chapela de Redondela que fará o seu programa radial o venres 24 pola mañá.

Tralo Entroido,  nas vindeiras semanas irán gravando o resto dos centros educativos participantes: O ies Alfonso X O Sabio (Cambre, A Coruña), o Ies  Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra) e o Ies IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo).

Esta é a novena edición dun proxecto que en anos anteriores xa chegou a máis de 3.500 alumnos e alumnas de toda Galicia e que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e ao  financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE.

Forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Parte importante deste traballo é a propia difusión, así que dende Activistas polo Mundo que Queremos convidamos aos medios de comunicación a que compartan esta información e acudades aos instituto para darlle voz aos mozas e mozos, verdadeiros protagonistas deste proxecto.

Se queredes acudir ás sesións presenciais onde gravarán os programas, por favor, comunicádevos previamente con nós, para que avisemos aos  centros educativos.

CALENDARIO DAS GRAVACIÓNS DOS PROGRAMA DE RADIO:
1. Luns 21 de febreiro: IES Lauro Olmo ( O Barco de Valdeorras, Ourense). 3º A ESO: 10:30 – 12:10, 3º B ESO: 12:30 – 14:10, FP BÁSICA:15:40 – 17:20
2. Mércores 23 de febreiro: IES Fonmiñá (A Pastoriza, Lugo) 3º e 4º ESO: 10:35 – 12:15, 1º e 2º da ESO 12:35 – 14:15
3. Xoves 24 de Febreiro: IES Chapela (Vigo, Pontevedra)8:30 – 10.10 2º ESO C, 10.30 – 12.10 2º ESO B,  12:30 – 14:00 2º ESO A
4. Martes 8 de marzo: IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo) 9:35 – 11:15 1º e 2º ciclo xestión, 15:35 -17:15 1º e 2º ESO
5. Xoves 10 de marzo: IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra) 3º ESO B e C: 8:55 – 10:30, 3º ESO A 10:55 – 12:30, 2º ESO: 12:55 – 14:30
6. Mércores 16 de marzo: IES Alfonso X O Sabio (Cambre, A Coruña) 10:30 – 12:10 3º ESO E, 12:30 -14:00 3º ESO A
7. Xoves 17 de marzo: IES Alfonso X O Sabio (Cambre, A Coruña) 8:30 a 10:10 3ºESO D 10:30 – 12:10, 3ª ESO C
8. Venres 18 de marzo: IES Alfonso X O Sabio (Cambre, A Coruña) 8:30 – 10:20 3ºF,  10:30-12:10 3º B,  12:30 a 14:00 3º PMAR