“Queremos construír un Tomiño para todos, en maiúsculas”

Lara Meneses | Presidenta da xestora do PP de Tomiño

Tras ser nomeada como presidenta da xestora do Partido Popular (PP) de Tomiño o pasado 14 de marzo, Lara Meneses inicia unha nova etapa para esta formación política nun Concello do Baixo Miño que, desde 2007, ten ao BNG no poder. Aos seus 25 anos, Meneses encarna a renovación xeracional dun PP tomiñés que mira con esperanzas as vindeiras citas electorais, especialmente os comicios municipais de 2023.

Gostaríanos comenzar falando un poco de Vde. Breve referencia persoal.
Son Lara Meneses, teño 25 anos e son graduada en Filoloxía Francesa pola Universidade de Salamanca. Estiven un par de anos estudando no estranxeiro, París e Burdeos e despois fixen un máster de Traducción da Comunicación Internacional con Comercio Internacional e un título propio de Especialista en Traducción da Industria do Videoxogo pola Universidade de Vigo. Actualmente dedícome á traducción no sector da empresa privada e, recentemente á política, faceta que levo nas venas.

Acaba de ser nomeada como presidenta da nova xestora do PP Tomiño. Qué prioridades ten en mente para esta nova etapa?
A prioridade é recuperar a confianza de todos os tomiñeses e tomiñesas demostrándolles, a base de moito traballo e dedicación, que esta nova xestora necesítaos e quere contar con eles. Tamén queremos facer un chamamento á xente nova, para que se sintan escoitados e parte deste proxecto tan ilusionante que estamos a comezar.

“A prioridade é recuperar a confianza de todos os tomiñeses e tomiñesas”

Con Vde. ao fronte do PP Tomiño, pódese falar dunha renovación ‘a fondo’ do PP a nivel comarcal?
Os cambios sempre gardan cousas positivas, pero non queremos deixar de contar coa xente que estivo sempre ahí. Pensamos que era necesario unha renovación, un ar fresco, cando algo non funciona hai que sentarse a ver qué falla, e buscar solucións. A solución non é deixar a ninguén de lado, cantos mais mellor, a cousa é sumar e remar todos cara a mesma meta. A renovación é palpable, contamos xa cun gran equipo! Pero aínda queda moito que mostrar.

“O PP tamén levaba 24 anos, e daquela, en Tomiño, prácticamente ninguén votaba ó BNG”

O BNG goberna no Concello desde 2007. Hai posibilidades de cambio para 2023?
O PP tamén levaba 24 anos, e daquela, en Tomiño, prácticamente ninguén votaba ó BNG. E dun día para o outro cambiou o conto, claro está que por unha suma de factores que propiciaron a súa chegada ao poder en coalición. Con isto quero decir que nada é imposible. De tódolos xeitos, é mellor ser precavido e prudente que aventurado, todo ó seu tempo. Nós queremos traballar, traballar e traballar e logo xa a xente dirá.

A nivel comarcal, o PP só goberna en Oia. O Baixo Miño é unha asignatura pendente para o seu partido?
Si o quere calificar de asignatura pendente, eu so lle podo contestar que en maio 2023 hai recuperacións.

Deixámoslle este espazo para que envíe unha mensaxe á veciñanza de Tomiño
Pídolles a oportunidade de que nos deixen demostrar. Que non se pechen ao que temos para aportar, que nos escoiten, e que valoren o traballo, as ganas e a ilusión que levamos neste novo proxecto.

Pedímoslles que confíen porque queremos construír un Tomiño para todos, en maiúsculas, e non só para uns poucos.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.