“Quentando motores” na apertura da campaña electoral en Ourense

Axendas electorais en diversos puntos da provincia ourensá por parte de PPdeG, PSdeG-PSOE e BNG para este sábado 14 de novembro

Ourense | O comezo en Ourense da campaña electoral para os comicios xerais do 29N intensifican os actos e mítines dos distintos partidos políticos.

O PP pide unha “mobilización para facer presidente a Feijóo”
O Partido Popular celebrou na Asociación de Veciños Portovello, no barrio de As Lagoas, o seu primeiro mitin de campaña na cidade de Ourense, un encontro no que participaron o candidato ao Senado e presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o candidato ao Congreso dos Deputados, Roberto González; e a presidenta da Xestora Local do PP de Ourense, Ana Méndez Gil.

Primeiramente, Méndez Gil deu a benvida aos asistentes e presentou con orgullo o equipo de candidatos que representa o proxecto de cambio de Alberto Núñez Feijóo. Durante a súa intervención, a presidenta da Xestora Local advertiu de que “despois de oito anos de Pedro Sánchez, os españois pagan cada vez máis e reciben cada vez menos, mentres temos un Goberno incapaz de aprobar uns orzamentos, instalado na confrontación e rodeado de escándalos”. “Xa abonda! España non pode seguir así!”, destacou.

A popular apelou tamén á responsabilidade especial de Ourense nesta cita electoral: “Somos a provincia do futuro presidente do Goberno de España! Temos o equipo, temos o proxecto e temos a oportunidade de facer historia. Non lle podemos fallar!”. Pola súa banda, Roberto González, candidato ao Congreso dos Deputados reivindicou a súa ilusión e compromiso con esta nova etapa. “Hoxe debuto nun mitin político e recoñezo que sinto ese mesmo formigueo que sentía antes dun partido importante. Cambia o escenario, pero non as ganas de dar o mellor de min e de axudar a promover o cambio”, afirmou.

González defendeu unha política baseada no diálogo, nos argumentos e na boa xestión. “Creo no poder da palabra para unir e no poder dos datos para demostrar. España necesita menos polarización, máis argumentos e un bo xestor. E o mellor xestor é o noso futuro presidente, Alberto Núñez Feijóo”, sinalou. Ademais, puxo en valor o compromiso de Feijóo coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, reclamando recoñecemento, medios suficientes e seguridade xurídica para os profesionais que protexen os cidadáns.

Por último, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, trasladou o seu orgullo por encabezar a candidatura ao Senado e poder seguir defendendo os intereses de Galicia e de Ourense desde Madrid. Reivindicou ademais a necesidade de recuperar a estabilidade e o equilibrio institucional e defendeu que España precisa unha auténtica reconstrución nacional. “É un orgullo formar parte do equipo de Alberto Núñez Feijóo e ter a oportunidade de seguir traballando desde o Senado. España non pode seguir á deriva. Necesitamos recuperar o equilibrio institucional, gobernar con cabeza e poñerlle sentidiño á política. E quen mellor para facelo que un ourensán como Alberto Núñez Feijóo”, destacou Santalices.

Ademais, Miguel Santalices anunciou que unha das súas prioridades desde o Senado será traballar para conseguir que o termalismo se incorpore á carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde, reivindicando o seu valor terapéutico e a importancia de impulsar o seu recoñecemento sanitario. Neste sentido, destacou que o termalismo é un recurso estratéxico para Ourense, tanto pola súa contribución á saúde e ao benestar como polas oportunidades de desenvolvemento económico que representa para a provincia.

O mitin concluíu cunha chamada á mobilización de afiliados, simpatizantes e veciños para encher as urnas de votos ao Partido Popular o próximo 29 de novembro, facer presidente a Feijóo e conseguir o cambio que España necesita.

Axenda sábado 14 de novembro
11:00 h.- XINZO DE LIMIA. Paseo feira de Xinzo de Limia.
Lugar: Rúa Carmen Novoa.
14:00 h.- QUINTELA DE LEIRADO. Celebración magosto.
Lugar: Quintela de Leirado.
14:30 h.- OURENSE. Roberto González e membros da candidatura participan no magosto de Beiro.
Lugar: Beiro.
18:00 h.- SAN XOÁN DE RÍO. Celebración magosto.
Lugar: San Xoán de Río.
19:00 h.- LOBEIRA. Miguel Ángel Santalices participa no magosto.
Lugar: Lobeira.
19:30 h.- BOBORÁS. Celebración do magosto.
Lugar: Boborás.

19:30 h.- LOBIOS. Ana Belén Vázquez participa no magosto.
Lugar: Lobios.
20:00 h.- OURENSE. Roberto González e membros da candidatura participan no magosto da AVV de Quintela.
Lugar: AVV Quintela.
20:00 h.- O CASTELO. Rosa Quintana, Rosa Sánchez e membros da candidatura participan no magosto do Castelo.
Lugar: AVV O Castelo (A Carballeira).
20:00 h.- MASIDE. Celebración do magosto.
Lugar: Maside.
20:30 h.- GOMESENDE. Celebración do magosto.
Lugar: Gomesende.
21:00 h.- OURENSE. Roberto González e membros da candidatura participan no magosto da AVV de Zaín.
Lugar: AVV Zaín.
21:00 h.- XUNQUEIRA DE ESPADANEDO. Celebración do magosto de Pardeconde e Niñodaguia.
Lugar: Pardeconde e Niñodaguia.

PSdeG-PSOE en Ourense, Xinzo, Amoeiro, Santa Cruz de Arrabaldo , Palmés e Beiro
Esta é a axenda da campaña dos socialistas ourensáns para este sábado 14 de novembro.

10:00 horas en Ourense
Rúa Parque de San Lázaro 1, a carón da castañeira
Candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 29 de novembro participan na apertura da carpa informativa permanente que estará aberta a diario no centro da cidade de Ourense.

10:30 horas en Ourense
Rúa Parque de San Lázaro 1, a carón da castañeira
Candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 29 de novembro ofrecen DECLARACIÓNS AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN en Ourense.

11:30 horas en Xinzo
Praza Maior
Candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 29 de novembro participan nun reparto informativo pola feira.

12:30 horas en Amoeiro
Campo do Souto
Candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 29 de novembro participan nun reparto informativo polo municipio.

13:30 horas en Beiro
Local da AV de Beiro
A candidata do PSdeG-PSOE ao Senado, María Fernández Ojea, acompañada das concelleiras do Grupo Municipal Socialista na cidade de Ourense participa no Magosto da Asociación de Veciños de Beiro.

14:15 horas en Palmés
Teleclub Palmés
A candidata do PSdeG-PSOE ao Senado, María Fernández Ojea, acompañada das concelleiras do Grupo Municipal Socialista na cidade de Ourense participa no Magosto da Asociación de Veciños de Palmés.

15:00 horas en Santa Cruz de Arrabaldo
Local veciñal de Santa Cruz de Arrabaldo
A candidata do PSdeG-PSOE ao Senado, María Fernández Ojea, acompañada das concelleiras do Grupo Municipal Socialista na cidade de Ourense participa no Magosto da Asociación de Veciños de San Vitorio de Arrabaldo.

16:30 horas en Ourense
Estadio do Couto
Candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 29 de novembro asisten ao encontro entre a UD Ourense e o Mérida.

19:00 horas en Ourense
Pazo dos Deportes Paco Paz
Candidatos e candidatas ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 29 de novembro asisten ao encontro entre o Club Ourense Baloncesto e o Caja 87.

Ana Pontón (BNG) en Allariz
A portavoz nacional, Ana Pontón, e a cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Noa Presas, interveñen no mitin de campaña do 29N en Allariz ás 19 horas no Hotel Eurostars Vila de Allariz, no que tamén participan a alcaldesa, Cristina Cid, e o candidato ao Senado, Bernardo Varela. O venres 13 realizouse un Encontro cos Mulleres en Ceres 1894 (Praza Saco e Arce, 3, Ourense)

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.