Purificación Lago, premio maior da 50º edición da Festa da Rosa en Mos

A gañadora é da parroquia de Dornelas

Mos | As pregoeiras do acto central do Día da Rosa, celebrado esta mañá na Praza do Concello de Mos, foron Inés Alonso, residente de enfermería familiar e comunitaria, recentemente premiada no VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria e Lorena Comesaña, enfermeira especialista de familia e comunitaria do Centro de Saúde de Mos

O traballo titulado Xestión emocional na adolescencia, no que elaborou unha análise sobre unha poboación de 184 rapazas e rapaces mosenses, para o que contou coa colaboración do IES de Mos recibiú o primeiro premio da VII Edición de Premios de Investigación en Atención Primaria e Comunitaria, realizado pola residente de Enfermería Familiar Inés Alonso, do centro de Saúde de Mos, alerta da necesidade de tomar certos comportamentos e actitudes como evidencia de problemas emocionais que poden derivar noutras patoloxías.

O Concello de Mos apostou nesta 50 edición da Festa da Rosa por darlle visibilidade ao labor integral e social que o Centro de Saúde de Mos realiza na contorna polo que decidiu de forma unánime, contar coa presencia das dúas enfermeiras para realizar o pregón das festas.

Os actos comezaron cunha Misa Solemne na Igrexa de San Mamede de Petelos ás 11:00h, cantada pola Coral Ventos do Val, posteriormente ás 12:00h realizouse o fallo do tradicional Concurso da Empanada de Millo, incluída na festa gastronómica organizada pola Asociación de Mulleres Rurais en colaboración co Concello de Mos e que este ano chega á súa 24 edición, e fallouse o Concurso de Rosas do Día da Rosa que inclúe novamente o premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexiu a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación. O acto foi presentado por Alejandro Pérez e Cristina Maró.

Ao remate da entrega de premios dos devanditos concursos houbo unha actuación musical da Banda de Música Xuvenil de Torroso na que interpretaron o Himno Municipal, Alborada Camiño da Rosa, composto por Xulio Lorenzo, cantado polo artista Antonio Barros (autor da letra xunto con Ialma), entre outras pezas.

No acto institiucional desta mañá estiveron presentes Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, demais membros da Corporación Municipal do Concello de Mos, Julio García Comesaña, Conselleiro Sanidade, Francisco Javier Puente, xerente do Chuvi, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, Encarnación Rivas, Secretaria Xeral de Urbanismo, Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade, Daniel Domínguez, Tenente adxunto da Compañía de Vigo, Juan Antonio López Ganaza, Brigada Garda Civil de Mos, Alejandro Lorenzo, Alcalde de O Porriño e a Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada de Ana Ortiz e Marta Mariño.

Premios concursos de rosas por parroquias:
Mellores rosas de Sanguiñeda: Xoel Vieito.
Mellores rosas de Tameiga: Genaro Rodríguez da Asociación San Martín de Tameiga.
Mellores rosas de Dornelas: Purificación Lago.
Mellores rosas de Torroso: María Romero.
Mellores rosas de Mos: Marco Pazo Reigosa.
Mellores rosas de Petelos: Mario Rivera.
Mellores rosas de Guizán: Virita.
Mellores rosas de Cela: Ángeles Rodríguez.
Mellores rosas de Pereiras: María Jesús Ramilo.
Mellores rosas de Louredo: Dávide González.

Mellores rosas de todo o Concello de Mos: Dornelas: Purificación Lago.
Parroquia con maior participación: Guizán con 25 ramos participantes.

Premios concursos de empanada de pan de millo:
Mellor presentación: Nº 8 Rita Albán.
Maior tamaño: Nº 4 Panadería San Miguel As Vides (4 Kg).
Mellor sabor: Nº 3 Constantino González Gómez.
Mención Especial á Asociación Mulleres Rurais Val da Louriña.