Protección Civil, voluntarios, Policía Nacional e UPR controlaron a San Martiño 26

Colaboraron coa Policía Local á que o alcalde lles adebeda emolumentos

Ourense | Máis de once mil persoas participaron na San Martiño 2026, a carreira popular anual previa á celebración dos magostos, día 11 de novembro, festa local do patrón san Martiño de Tours.

Na edición de 2025 velaron pola seguridade 35 policías locais. Un informe do Corpo cifraba en 58 o número imprescindible de efectivos. A xefatura solicitou voluntarios entre os funcionarios que quixesen acudir no seu día de descanso remunerado. O sindicato policial maioritario (SPPME), tras acordalo en asemblea, instou ao persoal para rexeitar os reforzos como medida de presión para esixir o abono dos atrasos salariais que lles debe o goberno de Gonzalo Pérez Jácome.

Finalmente, sumáronse nove axentes que realizaron horas extras e tres que aceptaron cambiar a súa quenda de xeito voluntario, alcanzando os 31 previstos en orixe. Os axentes estiveron apoiados por 18 efectivos de Protección Civil e por outras 38 persoas contratadas a través dunha empresa externa para regular o acceso de vehículos e viandantes ao circuíto pechado.

O operativo xeneral completouse con catro patrullas da Policía Nacional e axentes da UPR, alén dun retén sanitario composto por tres médicos e catro ambulancias. O Consello Municipal de Deportes aportou 27 traballadores que, xunto a decenas de voluntarios, asumiron labores indispensables como a repartición de bebidas na liña de meta. Na foto un nutrido grupo de participante antes da saída na Praza de Nexus. Noutra foto un participante coa cara tapada por unha caixa de cartón, na Ponte do Milenio.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.