• Segue conectado
  • |

Productos frescos con tódalas medidas na praza de abastos de Salceda

Salceda de Caselas | A praza de abastos de Salceda segue a ser o principal punto de abastecemento de productos frescos en Salceda durante o estado de alarma. O mercado mantén a súa actividade diaria de venta de carne, peixe fresco e froita, así como o servizo de bancadas dos mércores para a venta de peixe.

Dende o Concello adoptáronse as medidas de seguridade precisas como o control do aforo que se realiza os mércores por parte da policía local e protección civil, garantindo deste xeito a seguridade das persoas que se acheguen ao edificio a facer as súas compras de producto fresco.

Ademais os diferentes postos fixos da praza teñen establecido un sistema de encargas e de servizo a domicilio, evitando tamén deste xeito as esperas no inmoble, e minimizando así os riscos de contaxio que poidan producirse.
Verónica Tourón, Concelleira de comercio, lembrou que “A veciñanza pode seguir a contar con este servizo, ofrecéndolle toda a garantía posible nestes días. A praza de abastos de Salceda segue a ser símbolo da venta de producto fresco e de calidade, e dende o Concello poremos todas as nosas ferramentas para que a actividade poida seguir a desenvolverse con seguridade. Os mércores seguen a ser día de venda de peixe fresco en Salceda.”

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “en tempo de estado de alarma faise fundamental o apoio ao comercio local, polo que dende o Concello xa temos aprobado medidas económicas como a suspensión das taxas das terrazas ou o aprazamento das taxas do mercado municipal. Servizos como a preparación de pedidos por encargo ou o repartos domicilio contribúen a que a nosa praza de abastos poida seguir a abastecernos nestes días complexos”.

Publicado o 7 Abr 2020 en Benestar Social, Portada, Salceda de Caselas.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies