Primeiro club deportivo na Aceleradora ViaExterior

A Zona Franca de Vigo recibiu ao Club Ciclista Rías Baixas

Vigo | A sede central da Zona Franca de Vigo acolleu esta mañá a visita do Club Ciclista Rías Baixas, o primeiro equipo deportivo que participa na aceleradora multisectorial de internacionalización ViaExterior. O presidente do equipo, José Luis Chamorro, explicou que os clubs ciclistas teñen como fonte de ingresos a publicidade e que o seu paso pola oitava edición de ViaExterior “permitiunos coñecer os mercados con maior interese inicial para un proxecto de internacionalización inversa; é dicir, espertar o interese de marcas que se queren dar a coñecer en España a través dos soportes publicitarios do club como son as camisolas, os coches, ou as redes sociais”.

Segundo Chamorro xa están a piques de pechar un acordo comercial cunha marca de referencia. David Regades, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, felicitou ao equipo ciclista por ser “pioneiro” á hora de explorar novas vías económicas e comerciais para a súa financiamiento. “Este feito tamén nos mostra a nós, como administración, como se transforma o mundo do deporte e lémbranos que os clubs son empresas que teñen gastos, pagan nóminas e deben facer fronte ao que implica competir desde un punto de vista económico. Así que como axencia de desenvolvemento económico que somos non podemos máis que estar encantados cos que nos achega de coñecemento esta experiencia”, sinalou.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.