Primavera de Música, estación cultural nas Neves

Este domingo 23 as 20 horas no Mercado Municipal é o primeiro concerto da cantoutora Sofía Espiñeira.

As Neves | O Concello das Neves volta por en marcha un ciclo ou estación cultural. É o momento da Primavera de Música, un ciclo de concertos e actuacións musicais que terán lugar nos vindeiros meses.

A primeira actuación vai ser este vindeiro domingo 23 de abril as 20 horas no Mercado Municipal. Será Sofia Espiñeira a cantautora que abrirá este ciclo cultural.

primavera

 

O turno do grupo de música tradicional Donicelas chegará o domingo 14 de maio na Praza Maior as 20:30 horas.

Tamén haberá ocasión para desfrutar de aulas de baile impartidas pola escola “Swing on Vigo” + The Alley Stompers e será o sábado 3 de xuño as 20 horas na praza do Concello.

GHZ + Rebeliom do Inframundo no estilo do Rap, “poranlle o curucho a meda”, según o Concelleira de Cultura Rosana Rodríguez, finalizando este ciclo cultural o sábado 17 de xuño as 22:30 na Casa da Xuventude.